A cultura asalta os castelos! Ciclo Re-Acción nos Castelos

15 Xullo 2020

Nuns castelos de película a Deputación de Pontevedra reactiva a programación cultural, achegando manifestacións artísticas que levarán a todos os públicos a sentir estes espazos cheos de maxia e memoria… desde todos os sentidos!

Había unha vez un castelo que sobresaía nas terras de Soutomaior, na provincia de Pontevedra, metade pazo e metade fortaleza, que sobreviviu varios séculos habitado por personaxes que ocuparon e aínda ocupan emocionantes historias nos libros e que nas súas dependencias e xardíns agocha milleiros de pedras e árbores que servirán de escenario para unha tempada de visitas culturais. E empolicado no alto da pena do outeiro de Landín, con vistas sobre o territorio de Vilasobroso e o val do Condado ata a fronteira de Portugal outro castelo medieval asoma entre o verde os seus robustos muros. Bechos e animais que emerxen dos espazos destes castelos, bailarinas que danzan polos xardíns, música que agroma da pedra vivida e intrahistorias poéticas que brotan entre as árbores senlleiras… Un escenario máxico para vivir experiencias artísticas e culturais inesquecibles nun verán e outono históricos!

O ciclo Re-Acción nos Castelos recolle artes escénicas e música, danza e circo, contacontos, creación contemporánea e música clásica para todos os públicos, centrando parte da programación nas e nos nenos: unha nova forma de vivir estes espazos máxicos este verán, a través da experiencia artística.

……………

XULLO

NOITE NO CASTELO. LÍMITES, CORPO COLECTIVO TRANSFRONTEIRIZO
Castelo de Sobroso, Mondariz
Xoves 23, 22.00h

NOITE NO CASTELO. VERTIXE SONORA
Castelo de Soutomaior
Venres 24, 22:00

CONCERTO INAUGURAL DO PROGRAMA “MÚSICA NO AR”
Castelo de Soutomaior
Martes 28, 19:30 h

CREANDO NO XARDÍN. ROMÁN CORBATO
Castelo de Soutomaior
Xoves 30, 17.00-19.00 h

MÚSICA CON HISTORIA… INFANTIL. A BANDA DAS APERTAS
Castelo de Soutomaior
Xoves 30, 19.30 h

CREANDO NO XARDÍN. TALLER ABERTO
Castelo de Sobroso, Mondariz
Venres 31, 17.00-19.00 h

……………

AGOSTO

“NIN PRÍNCIPES NIN PRINCESAS”. BEA CAMPOS
Castelo de Soutomaior
Xoves 6, 18.00 h

DANZA NO CASTELO. PERMODUS
Castelo de Soutomaior
Xoves 6, 19.30 h

MÚSICA NO CASTELO. FALÚA
Castelo de Sobroso, Mondariz
Venres 7, 19.30 h

CONCERTO DO PROGRAMA “MÚSICA NO AR”
Castelo de Sobroso, Mondariz
Martes 11, 19:00 h

“NIN PRÍNCIPES NIN PRINCESAS”. CRISTINA COLLAZO
Castelo de Sobroso, Mondariz
Mércores 12, 17.30 h

O TEATRO VEN DE VISITA! INVERSA TEATRO
Castelo de Soutomaior
Xoves 13, 19.30 h

……………

SETEMBRO

O TEATRO VÉN DE VISITA! OS QUINQUILLÁNS: “A TRAIZÓN DE SOBROSO”
Castelo de Sobroso, Mondariz
Venres 11, 19.00 h

MÚSICA CON HISTORIA… VERO RILO & SONSOLES PENADIQUE 
Castelo de Soutomaior
Xoves 17, 19.00 h

……………

  • Prazas limitadas: todas as actividades necesitan esixen reserva previa en cultura@depo.es (máximo 5 prazas por persoa). Requírese confirmación.
  • O público participante debe asistir con máscara de forma obrigatoria.
  • A Deputación de Pontevedra controlará a capacidade e os accesos, así como o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria, segundo os protocolos vixentes.
  • Máis info. en depo.gal
Está pasando!