A propósito de nada

Woody Allen

Editorial: Alianza Editorial
Temática: Autobiografía
Número de páxinas: 440

 

Woody Allen que durante as seis décadas que leva facendo cinema escribiu e dirixiu cincuenta películas, relátanos os seus primeiros matrimonios: o máis precoz cunha noiva da súa adolescencia e logo coa marabillosamente divertida Louise Lasser, a quen é evidente que aínda adora.

Tamén escribe sobre o seu romance con Diane Keaton, con quen mantén unha prolongada amizade.

E explica a súa relación persoal e profesional con Mia Farrow, con quen realizou varias películas agora clásicas, e que terminou cunha separación pola que a prensa sensacionalista aínda non lle deu suficientemente as grazas.

El afirma que foi o primeiro sorprendido cando, aos seus cincuenta e seis anos, iniciou unha relación con Soon- Yi Previn, que entón tiña vinte e un, e que os conduciu a un romance estrepitoso e apaixonado e a un matrimonio feliz de máis de vinte e dous anos.

Nun texto a miúdo hilarante, facendo gala dunha franqueza sen límites, cheo de creativas intuicións e de bastante perplexidade, unha icona americana conta a súa historia, aínda que ninguén llo pediu.

Está pasando!