A quinta edición de ‘Etiqueta Negra’ muda de formato, converténdose este ano en “Etiqueta Negra Experiencias”

29 Outubro 2020

A incerteza sobre a #Covid19 e as restricións sanitarias impostas na cidade de Pontevedra, provocan que a quinta edición de Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora mude de formato.

Por iso, no lugar da feira habitual, do 24 ao 29 de novembro, celebrarase “Etiqueta Negra Experiencias”, un programa de catas comentadas de produtos gourmet galegos.

Estarán dirixidas por persoas expertas e terán un aforo reducido e todas as medidas para garantir a seguridade sanitaria.

Versarán sobre produtos gourmet presentes na feira estes anos …

Emitiranse por streaming a través das redes sociais e da web da feira.

Serán gratuítas e con reserva de praza a través da web https://etiquetanegragourmet.com

Así que, xa sabes… Reserva as datas e vén gozar con “Etiqueta Negra Experiencias” do produto gourmet galego a última semana do mes de novembro.

Permanece atentx! Darase a coñecer o programa completo en breve!

+info. en https://etiquetanegragourmet.com

Está pasando!