Curtas, Festival do Imaxinario celebrará a súa 48 edición en Vilagarcía de Arousa, do 23 de outubro ao 1 de novembro

22 Outubro 2020

Logo de 47 edicións, o festival de cinema decano de Galicia, Curtas, toma un novo rumbo para converterse en Curtas, Festival do Imaxinario. Un festival especializado en cinema fantástico (Fantasía, Terror e Ciencia Ficción), que inclue outros xéneros nunha sección específica e que engloba ademáis outras artes como a banda deseñada, a literatura, etc…

Curtas, Festival do Imaxinario celebrará a súa 48 edición en Vilagarcía de Arousa, do 23 de outubro ao 1 de novembro de 2020.

inauguración de Curtas 2020, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, celebrará o 23 de outubro o centenario da obra por excelencia do cinema expresionista alemán, O Gabinete do Doutor Galigari (Das Cabinet des Dr. Caligari) coa proxección do filme musicalizado en directo polo quintento Caspervek, unha das referencias europeas dos cine-concertos, que estreará no evento a reescritura da súa banda sonora orixinal con esta formación.

A entrada será gratuita con reserva previa, debido ao aforo reducido e ás medidas de prevención sanitaria derivadas da situación actual.

+info. en curtas.org

Está pasando!