El libro del sepulturero

Oliver Pötzsch

Editorial: Planeta

Idioma: Castelán

Traductor: Héctor Piquer Minguijón

Número de páxinas: 528

Misterio, vinganza e morte na Viena de 1893.

Trepidante e extremo. O thriller histórico que triunfa en toda Europa. 3.500.000 de lectores.

No Prater, o parque máis importante da cidade, aparece o corpo dunha criada asasinada de forma brutal.

Leopold von Herzfeldt, un mozo inspector de policía, será o encargado do caso, a pesar de non contar co favor dos seus colegas, que non queren saber nada dos seus novos métodos de investigación, como a inspección da escena do crime, a obtención de probas ou a toma de fotografías. Leopold contará co apoio de dous personaxes do todo dispares: Augustin Rothmayer, o sepultureiro maior do cemiterio central de Viena; e Julia Wolf, unha moza operadora da recentemente inaugurada central telefónica da cidade e cun secreto que non quere que salga á luz.

Leopold, Augustin e Julia veranse inmersos nos profundos abismos ocultos tras as portas da glamurosa cidade nunha carreira para dar cun asasino desapiadado que sementará Viena de cadáveres inocentes.

Está pasando!