Este venres comeza o Ciclo de Cine de Verán en Marín

5 Agosto 2020

Os días 7, 21 e 29 de agosto proxectándose tres películas o aire libre ás 22:30 h. no Parque Eguren e ademais unha actuación de cine con banda sonora coa película Nosferatu o 5 de setembro.

As tres películas elixidas serán Yesterday, Bohemian Rhapsody e Spider-Man: Lejos de casa.

Estas actividades contarán con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para a súa realización.

A creación deste ciclo de cine está dentro das actividades culturais promovidas polo Concello de Marín dentro do seu plan de dinamización cultural, que axude tamén á reactivación do comercio local, golpeado pola crise da Covid19.

Búscase fomentar un ocio de formato pequeno e dentro da vila e que se poida levar a cabo dunha maneira o máis segura posible.

Está pasando!