agosto, 2021

03ago19:30Sés + TéCanelaSonRías Baixas 202119:30 Recinto Multiusos da Estacada, BueuEvento tipo:Música

Detalles do Evento

A xornada inaugural do SonRías Baixas 2021, contará coa música e cantareira Sés, que regresará aos escenarios galegos para presentar o seu último disco, ‘Liberar as arterias’.

Previamente, o dúo TéCanela avanzará, co dinamismo e bo rollo que caracteriza a Ariadna Rubio e Jano Fernández, algúns temas do seu vindeiro traballo discográfico.


Cartel SonRías Baixas 2021

SonRías Baixas 2021

Este verán, do 3 ao 8 de agosto, Bueu converterase no escenario que acollerá a cita coa música ao vivo máis enérxica, divertida e festiva do panorama musical actual en Galicia. Kase.O, Sés, La M.O.D.A., La Pegatina, Travis Birds, Muerdo, TéCanela, Sabela, ISEO & Dodosound, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa conformarán o singular cartel dun SonRías que se transforma nun ciclo de concertos e que dobra a súa duración, pasando de tres a seis noites de música en directo.

SonRías Baixas dobrará a súa aposta pola celebración de eventos ao vivo e ampliará a duración da programación do festival, que pasará de ter tres a un total de seis xornadas de concertos. Esta opción permite a PlayPlan programar dúas actuacións ao día e ofrecer unha experiencia festivaleira que garanta a seguridade de público e artistas no contexto sociosanitario actual; ademais de favorecer o coñecemento do Destino SonRías, no que as e os asistentes poderán explorar as espectaculares paisaxes e praias da contorna, degustar a gastronomía da zona ou mesmo navegar pola ría.


MicroSonRías 2020 | © Óscar Corral

Venda de entradas

O equipo do SonRías establecerá, nesta ocasión, tres tramos diferenciados de prezos en función da disposición dos asentos preasignados no recinto, e cada un destes tramos corresponderase, fisicamente, cun espazo organizado con cadanseu equipamento e protocolo de seguridade de prevención da covid-19. O prezo das entradas serán de 23,00 €, 26,00 € e 29,00 € segundo a relación de proximidade co escenario.

As entradas para gozar do SonRías Baixas 2021 poderanse adquirir a través da web oficial do festival, www.sonriasbaixas.info, e da plataforma dixital www.enterticket.es

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Recinto Multiusos da Estacada

Rúa Pazos Fontenla, 55 - 36930 Bueu

Está pasando!