‘Pop-up. Libros móbiles e despregables’ | © Deputación de Pontevedra

xullo, 2021

29xulTodo o día12set'Pop-up. Libros móbiles e despregables'museo de pontevedra(Todo o día) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Exposicións

Detalles do Evento

O edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle desde o 29 de xullo ata o 12 de outubro a exposición ‘Pop-up. Libros móbiles e despregables’ que recolle unha selección dos máis de 2.400 libros móbiles e despregables da colección reunida polo matrimonio formado polos palentinos Ana María Ortega Palacios e Álvaro Gutiérrez Baños.

Esta mostra permitirá ás persoas que a visiten coñecer a historia, a técnica e a temática destas curiosas publicacións que desafían o formato convencional e introducen entre as súas páxinas elementos mecánicos que converten as ilustracións en xogos interactivos que convidan a accionar algún mecanismo ou a observalos desde distintos ángulos.

Estes libros con elementos móbiles e despregables estiveron durante séculos dedicados a disciplinas coma a medicina ou a astronomía ata que, na segunda metade do século XVIII, atoparon a súa vocación lúdica ao apareceren as primeiras publicacións con imaxes despregables concibidas unicamente como entretemento.

Horario: de martes a sábado de 10:00 a 21:00 horas. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Entrada gratuíta.

Hora

Xullo 29 (Xoves) - Setembro 12 (Domingo)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!