Maika Makovski

As Matinés do Principal

sáb30out(out 30)12:30sáb04dec(dec 4)12:30As Matinés do PrincipalBalthazar e Maika Makovski(outubro 30) 12:30 - (decembro 4) 12:30 Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O éxito do ciclo As Matinés do Principal, música ao vivo para todos os públicos e en horario matutino, regresa este outono de maneira excepcional ao Pazo da Cultura por mor nas obras no Teatro Principal, achegándonos nesta ocasión, os directos dos belgas Balthazar, unha das bandas mellor recoñecidas dentro do soul-pop alternativo internacional e unha das artistas máis polifacéticas do panorama nacional, Maika Makovski.

A pandemia do coronavirus impediu a celebración deste ciclo como tal o ano pasado pese a manterse unha das súas citas, a de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, que xunto a Guadi Galego, celebraron na Explanada do Pazo da Cultura de Pontevedra o primeiro evento da nova normalidade dunha cidade que demostrou en todo momento que, seguindo os protocolos adecuados, a cultura é totalmente segura.

Carme Fouces e Carlos Montilla | © Concello de Pontevedra

As Matinés é un novo xeito de vivir a música ao vivo e o lecer en Pontevedra e de ofrecer novas posibilidades de calidade a un público familiar. Unha calidade que queda patente na escolma do programa deste ano: os belgas Balthazar abrirán este ciclo o sábado 30 de outubro cun espectáculo moi especial para presentar o seu novo traballo ‘Sand’ co que aterrizan no noso país para confirmar que son unha das bandas máis importantes do soul-pop alternativo a nivel internacional; en cambio Maika Makovski e a súa banda encherán o escenario na segunda sesión das Matinés que terá lugar o 4 de decembro, demostrando que agora mesmo teñen un dos directos máis solventes do panorama nacional.

Seguindo a estela marcada desde a súa primeira edición, a variedade das achegas musicais das Matinés do Principal brinda a oportunidade de escoitar e ver no noso teatro a artistas, músicos e grupos internacionais, nacionais e galegos de contrastada reputación, valía artística e orixinalidade.

O prezo das entradas para cada un dos concertos oscila entre os 16 e os 18 euros, tendo descontos do 50% nas entradas do público menor de 14 anos, e existe a posibilidade de adquirir un abono para as dúas actuacións do ciclo a un prezo de 32 euros. Estarán dispoñibles a partir do vindeiro martes 14 de setembro a través de Ataquilla.com


BALTHAZAR, (sábado 30 de outubro de 2021, 12.30 horas). O quinteto belga lanzou o seu primeiro disco en 2010, ‘Applause’, e desde entón non pararon de sacar nova música e realizar xiras por todo o mundo.

Este ano volven aos escenarios co seu novo álbum ‘Sand’, un disco sedutor, elegante, sexy, que consolida o status que gañara o grupo dentro do soul-pop alternativo. Un novo traballo único na forma en que combina o pop minimamente arranxado coa elegante electrónica e os ritmos sofisticados.

Inmediatamente despois de ‘Fever’ -unha colección cálida e sinuosa de cancións cheas de groovies sureños- este novo disco avanza cara a novas direccións, audaces e emocionantes, no que fan bo uso da súa experiencia, trazando unha paisaxe sonora cinematográfica e fluída para que as súas cancións ardan. ‘Sand’ marca varias primicias para eles, unha banda que volve soar tan fresca e enérxica como o fixeron antes, en 2010, cando o seu debut cativou á crítica e ao público por igual.

MAIKA MAKOVSKI (sábado 4 de decembro de 2021, 12.30 horas). Maika Makovski non é unha artista predicible. O seu talento musical, a multitude de influencias que atesoura, e a urxencia do seu espírito, en constante procura, fan dela un nome verdadeiramente único na música actual.

Desde o despegamento da súa carreira con apenas 20 anos, mantívose fiel ás súas raíces e á vez perseverou de maneira incansable na procura do seu carácter propio, como demostra o seu último traballo, ‘MKMK’, que viu a luz o pasado 28 de maio; un disco luminoso e ruidoso, de texturas, nado para sorprender e axitar ao oínte. Moitas cousas dixéronse xa acerca de Maika Makovski, e moitas máis se dirán. Máis vidas que un gato,  Maika é música, actriz, artista visual e compositora.

No seu haber ten xa oito discos de estudo, un en directo, bandas sonoras de teatro e cinema, xiras que lle levaron a tocar en media Europa, Estados Unidos e  Latinonamérica, e aínda con todo, aborda esta nova etapa coa seguridade e a alegre convicción de que todo iso non é máis que o principio.

Hora

Outubro 30 (Sábado) 12:30 - Decembro 4 (Sábado) 12:30

Está pasando!