II Premio Literario “Pinto e Maragota”

sáb25set(set 25)00:00sáb06nov(nov 6)23:59II Premio Literario “Pinto e Maragota”Programa Municipal pola diversidade sexual(setembro 25) 00:00 - (novembro 6) 23:59 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Concello de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, convoca a II Edición do Premio Literario “Pinto e Maragota” que ten como finalidade visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.

As obras presentadas deberán ter presente no seu argumento, como temática principal ou transversal, a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual e/ou identidade de xénero.

O xénero literario das obras presentadas poderá ser novela, teatro ou poesía, tanto para público infantil, xuvenil como adulto.

No caso de optar por novela ou obra dramática para o público adulto, o texto deberá ter un extensión total mínima de 90.000 caracteres con espazos. No caso de poesía para público adulto, sería un mínimo de 500 versos, de forma libre.

As obras para o público infantil non terán extensión mínima requerida.

Establécese un único premio de tres mil (3.000) euros, que estará suxeito ás retencións legalmente establecidas e fará efectivo o Concello de Pontevedra.

As persoas participantes enviarán os traballos en formato PDF por correo electrónico, co asunto: “Para o II Premio Literario PINTO E MARAGOTA”, ao enderezo electrónico:

igualdade@pontevedra.eu

Deberanse incluír no correo electrónico dous arquivos:

  • Un co orixinal, que deberá ser presentado baixo un lema e sen ningún tipo de dato que identifique ao seu autor/a.
  • E outro co nome completo, idade, enderezo, teléfono, título da obra e número de conta.

O prazo de presentación pecharase o sábado 06 de novembro do 2021 ás 23:59 horas.

O premio outorgarase tendo en conta en xeral o nivel de calidade literaria da obra e o tratamento da temática de diversidade de sexo e xénero dentro da mesma.

Cada autor ou autora poderá presentar cantas obras quixer, en envíos separados.

Calquera dúbida sobre o contido desta convocatoria será atendida polo Centro de Información á Muller (CIM) no teléfono 986 864 825.

Podedes descargar as bases no seguinte enlace: pintoemaragota.gal/premio

Hora

Setembro 25 (Sábado) 00:00 - Novembro 6 (Sábado) 23:59

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!