'Cartoóns' en Redondela

dom23xan18:00'Cartoóns' en RedondelaIV Ciclo de Teatro Infantil18:00 Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

Dentro do IV ciclo de teatro infantil, organizado polo Concello de Redondela, Producións Teatrais Excéntricas porá en escena a obra de teatro ‘Cartoóns’.

Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada?

Con eses cartóns construirán cousas e mais cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.

Josito Porto e Víctor Mosqueira, son os interpretes e creadores de “Cartoóns”. A experiencia nos distintos rexistros cómicos, a empatia e cumplicidade que conseguiron no espectáculo “Cranios privilexiados”, e as suas variadas pericias artísticas fan de Josito e Víctor, os actores perfectos para levar a cabo, este espectáculo de tan singular factura. Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as suas habelencias na área da maxia.

Víctor Mosqueira, a cargo da dirección, ten a oportunidade de verquer todos os coñecementos adquiridos na área da clown, a comedia física e os sketches de farsa contemporánea. Estes coñecementos parten, para alén dun talento natural, da formación en Commedia dell Arte en Italia, traballos con Eric de Bont, a creación de lances cómicos para TV, as ultranoites da NASA, os espectáculos de Commedia con Ollomol, e fundamentalmente, o longo camiño de experimentación e éxitos do dúo Mofa&Befa.

Espectáculo finalista nos Premios de Teatro María Casares 2020 na categoría de Mellor Espectáculo Infantil.

O prezo da entrada é de 3 euros.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!