O Son da Muralla | © Concello de Salvaterra de Miño

Festival O Son da Muralla en Salvaterra

sáb03ago22:30Festival O Son da Muralla en Salvaterrao festival DJ ao aire libre máis grande de Galicia22:30 Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Un ano máis, dentro da programación do Verán Cultural de Salvaterra de Miño, volve un dos festivais máis recoñecidos de Galicia, O Son da Muralla. O festival que conta con 6 pantallas retransmitindo en directo ademais de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz está preparado para recibir o público que acude de tódolos puntos da comunidade.

Este sábado 3 de agosto no recinto amurallado daranse cita djs recoñecidos nacional e internacionalmente. Esa noite en cabina estarán Kurd Maverick, Belén Jurado, Dany BPM, Steven Rod, Dj Charlie, Cris Gloss e Dj Xian.



Dende as 22:30 horas o público bailará coa mellor música electrónica e dance nun festival que chega a súa vixésima terceira edición acadando o pasado ano cifras récord con máis de 13.000 persoas.

A entrada coma tódolos anos é gratuíta e para facilitar o acceso e chegada o festival haberá zonas de aparcamento e transporte público reforzado, incrementándose as liñas de autobús e frecuencia. Ademais na entrada do festival intalarase un Punto Violeta que se sumará a todo o dispositivo de seguridade que se prepara con motivo deste evento. Coma cada ano require especial atención a seguridade do público asistente e por todo iso, coordinanse ós equipos de seguridade, voluntarios e sanitarios ante calquera situación posible, cun protocolo activo en casos de acoso.

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño

Praza a Constitución, 1, 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!