abril, 2021

17abr20:0020:00'32 m2'ButacaZero20:00 - 20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía, Vilagarcía de ArousaEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

’32 m2′, a comedia sobre o confinamento de ButacaZero chega o sábado 17 de abril ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

Creado e dirixido por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, baseado no confinamento que vivimos, conta con Xurxo Cortázar e Nuria Gullón no seu elenco e música de Rodrigo Cuevas.

Xan e Mar viven tranquilamente a súa vida antisistema no seu pequeno piso de 32m2. Mar traballa todo o día fóra da casa e Xan limpa, cociña, frega, vai ao supermercado, e, de tanto en tanto, le o seu xornal favorito: un do 2003. Pero un día, o mundo esmendréllase.

Xan fica atrancado na claraboia e no supermercado non hai papel hixiénico. A xente di que é todo culpa dun Virus. Pero quen se fía da xente? É todo tan raro que non lles queda máis remedio que poñer a tele, agochada quen sabe onde dende quen sabe cando. Nada máis prendela, o Presidente dá unha nova inclasificable: está prohibido ir a traballar. Mar non dá creto: por fin un Presidente que entende á clase traballadora! Xan non dá creto: dende cando á súa muller lle gusta o que di o Presidente? E sobre todo: por que agora lle gusta o Presidente?

Así arranca esta peza de teatro do absurdo: do absurdo no que comezamos a vivir no mes de marzo de 2020 que cambiou as nosas vidas xa para sempre. Un absurdo no que as Curvas, o Medo e a Morte ocupan cada vez máis espazo entre as paredes das nosas vidas.

’32m2 é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois “todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual , todas aplaudimos puntuais ás 20:00 horas, e finalmente acabamos por descubrir a merda que tiñamos debaixo das propias alfombras”, apunta a dirección.

Entradas

A Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa pon en marcha a venta de entradas con aforo dinámico para os espectáculos de teatro e danza de abril.

Os conviventes poderán reservar 2, 3 e ata 4 localidades xuntas e o programa bloqueará automaticamente os perímetros de seguridade correspondentes.

Podes adquirir xa a túa entrada en ataquilla.com ou no teléfono 902504500. O prezo xeral é de 5,00 €, e 3,00 # para maiores de 65 anos, mocidade e persoas desempregadas. A venta anticipada implica custes de xestión.

Hora

(Sábado) 20:00 - 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!