maio, 2021

15mai20:0020:00'32 m2'a comedia sobre o confinamento de ButacaZero20:00 - 20:00 Centro Cultural da Guarda, A GuardaEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

O sábado día 15 continúa a programación do mes de maio ás 20:00 horas no Centro Cultural da Guarda coa representación teatral de ’32 m2′, a comedia sobre o confinamento de ButacaZero chega o sábado 24 de abril ao Multiusos da Xunqueira de Redondela.

Creado e dirixido por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, baseado no confinamento que vivimos, conta con Xurxo Cortázar e Nuria Gullón no seu elenco e música de Rodrigo Cuevas.

Xan e Mar viven tranquilamente a súa vida antisistema no seu pequeno piso de 32m2. Mar traballa todo o día fóra da casa e Xan limpa, cociña, frega, vai ao supermercado, e, de tanto en tanto, le o seu xornal favorito: un do 2003. Pero un día, o mundo esmendréllase.

Xan fica atrancado na claraboia e no supermercado non hai papel hixiénico. A xente di que é todo culpa dun Virus. Pero quen se fía da xente? É todo tan raro que non lles queda máis remedio que poñer a tele, agochada quen sabe onde dende quen sabe cando. Nada máis prendela, o Presidente dá unha nova inclasificable: está prohibido ir a traballar. Mar non dá creto: por fin un Presidente que entende á clase traballadora! Xan non dá creto: dende cando á súa muller lle gusta o que di o Presidente? E sobre todo: por que agora lle gusta o Presidente?

Así arranca esta peza de teatro do absurdo: do absurdo no que comezamos a vivir no mes de marzo de 2020 que cambiou as nosas vidas xa para sempre. Un absurdo no que as Curvas, o Medo e a Morte ocupan cada vez máis espazo entre as paredes das nosas vidas.

’32m2 é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois “todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual , todas aplaudimos puntuais ás 20:00 horas, e finalmente acabamos por descubrir a merda que tiñamos debaixo das propias alfombras”, apunta a dirección.

O prazo para a reserva de entradas está aberto xa dende o venres 7 de maio a través do mail centrocultural@aguarda.es

Aforo limitado e protocolo covid19.


Hora

(Sábado) 20:00 - 20:00

Localización

Centro Cultural da Guarda

Rúa Rosalía de Castro, 3, 36789 A Guarda

Está pasando!