abril, 2021

30abr20:00'DeMente'Fran Sieira, compañía de danza 20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía, Vilagarcía de ArousaEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

O día 30 de abril porase en escena o espectáculo de danza contemporánea ‘DeMente’, da compañía de danza Fran Siera.

Tras un minucioso traballo de investigación sobre as doenzas mentais, indagando sobre  o seu trato ao longo dos anos e a situación na actualidade nace a intención de darlle visibilidade ás doenzas máis marxinais na comunidade actual: as doenzas mentais.

Coa intención de visivilizar unha memoria histórica latente nunhas persoas que enriba de padecer o seu trauma concreto para coa enfermidade, sofren outros moitos a causa do estigma, do rechazo da sociedade,… O noso principal e único obxetivo é moral de cara o tratamento desta temática e poñer o noso gran de area na loita contra un estigma “a imaxe do tolo” que pouco ou nada ten que ver coa realidade dunhas persoas que padecen unha enfermidade mental. “Por que a un neno lle dá vergonza decir que vai ao psicólogo e non que vai ao médico por unha gripe?”

Elenco: Francisco Sieira González, Xisco Feijóo Álvarez, Aida Tarrío Torrado, Adela Otero Vázquez, Artur Pastoriza Puga, André Ádrio Rodríguez, Daniel Rodríguez Fernández e Patricia Sánchez Seoan.

As entradas para os espectáculos do convenio da Concellería de Cultura e a Agadic teñen un prezo de 5,00 euros para o público en xeral. As persoas maiores de 65 anos, a mocidade e as persoas desempregadas poden acceder co prezo reducido a 3,00 euros, previa acreditación da súa condición mediante presentación do DNI, carné xove e tarxeta do paro respectivamente.

As entradas pódense adquirir de forma anticipada a través de Ataquilla.com e non teléfono 902504500 (máis custes de xestión) ou, de non esgotarse antes, o mesmo día da función, a partir das 18:00 h. na billeteira do Auditorio.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!