‘Desapego’. Fotografía da serie Apoyos. 2021-2022 | © Andrea Costas Lago

'Desapego' no MARCO de Vigo

mar07feb(feb 7)00:00dom02xul(xul 2)23:59'Desapego' no MARCO de VigoProxecto expositivo de Andrea Costas Lago(febreiro 7) 00:00 - (xullo 2) 23:59 MARCO - Vigo

Detalles do Evento

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, inicia a súa programación 2023 coa exposición de Andrea Costas Lago (Vigo, 1978) que baixo o título ‘Desapego’ presenta un proxecto que reúne obras dos dous últimos anos: series fotográficas, vídeos, e unha instalación específica na propia sala.

Artista e docente, Andrea Costas Lago desenvolve o seu labor creativo utilizando diversas linguaxes (instalación, vídeo, performance), se ben é máis coñecida pola súa obra fotográfica. A súa persoal narrativa adoita tratar temas tan cotiáns como universais dende unha perspectiva emocional e psicolóxica.

Desapego é resultado dun proceso de investigación e traballo de varios anos: unha toma de conciencia sobre a maternidade, unha visión en primeira persoa a través da arte, afastada de convencionalismos e idealizacións, no ronsel da obra doutras mulleres como a poeta Adrienne Rich, as fotógrafas Ana Casas e Elinor Carucci, ou a artista Ana Álvarez-Errecalde.

O proxecto está integrado por un conxunto de pezas (imaxes fotográficas, vídeos e instalacións) nas que a artista reflexiona sobre a experiencia da maternidade propia, dende un punto de vista non idealizado, deixando constancia das contradicións e desafíos que supón esta oportunidade ofrecida pola vida para cuestionarnos e crecer.

  • Datas: Visitable do 7 de febreiro ao 2 de xullo de 2023
  • Lugar: Galería B1 e sala perimetral do 1º andar do MARCO
  • Horario: De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Domingos, de 11.00 a 14.30 horas

‘Desapego’. Fotografía da serie Plena. 2021-2022 | © Andrea Costas Lago

Programación para escolares (coa colaboración de Fundación “la Caixa”).

  • Datas: A partir do 14 de febreiro de 2023
  • Horario: de martes a venres de 10.00 a 13.00 horas
  • Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 100 / 986 113 908 / Correo-e: comunicacion@marcovigo.com

Obradoiros infantís (coa colaboración de Fundación “la Caixa”).

  • Datas: A partir do 18 de febreiro de 2023
  • Horario: sábados de 11.00 a 12.30 horas (de 3 a 6 años) e de 12.30 a 14.00 horas (de 7 a 12 anos)
  • Previa inscrición: tel. 986 113 900 Ext. 100 / Correo-e: recepcion.marco@gmail.com

Información e visitas guiadas

  • O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 horas.
  • Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita nos tel. 986 113 900 / 986 113 908.

Hora

Febreiro 7 (Martes) 00:00 - Xullo 2 (Domingo) 23:59

Localización

MARCO

Rúa Príncipe, 54 36202 Vigo

Está pasando!