Galicia Fiddle na Reconquista de Vigo

ven31mar(mar 31)20:00dom02abr(abr 2)23:00Galicia Fiddle na Reconquista de VigoCiclo de Concertos da escena local20:00 - (abril 2) 23:00 Praza de Eduardo Chao - Vigo

Detalles do Evento

Volve a festa da Reconquista de Vigo, e a asociación cultural Galicia Fiddle apoia un ano máis aos instrumentistas de corda de música popular cun espectacular programa que se celebrará os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril, formado ao 100% por artistas locais.

Polo seu escenario, ubicado na Praza de Eduardo Chao (xunto a sede da Deputación de Pontevedra), pasarán grupos folk da escena local como Ghaveta, Fixe Trío, Abril, Paula Gómez & Xosé Liz ou Estatalá, entre outros.

Esta iniciativa pretende poñer en valor a música popular feita con instrumentos de corda e a música tradicional en xeral, ao tempo que apoia a artistas e bandas viguesas.

Tamén amenizarán as xornadas da festa as agrupacións tradicionais de aula aberta de zanfona e violín folk da ETRAD de Vigo, os conxuntos POA e Virasóns Folk, e outras formacións que contan co violín popular como instrumento protagonista.

Este recuncho musical aberto a público de todas as idades e con entrada de balde, contará ademais con actuacións infantís e foliada popular.

A asociación cultural Galicia Fiddle é unha organización sen ánimo de lucro, que traballa co principal obxectivo de promover o uso dos instrumentos de corda no ámbito da música tradicional. Desde os seus inicios, a asociación organiza eventos educativos e culturais de gran importancia para a aprendizaxe e o fomento da nosa música, apostando por métodos de ensino alternativos.

As súas actividades principais son o Encordass Fiddle Fest, un festival de música de corda de recente creación que celebrará a súa III edición a primeira fin de semana de xullo na Illa de San Simón, xunto ao San Simón Fiddle, curso de verán infantil e xuvenil para instrumentistas de corda, e o Encordass, encontro cultural e musical para adultos.

Galicia Fiddle tamén organiza diversos cursos e obradoiros ao longo do ano, nos que durante unha xornada combínanse aulas de corda con concertos abertos ao público a cargo de artistas e educadores de renome internacional.



PROGRAMA

Venres 31 de marzo

  • 20:00  Aula Aberta de Zanfona (ETRAD)
  • 21:00  Os diatónicos
  • 22:00  Foliada

Sábado 1 de abril

  • 13:00 Virasóns Folk
  • 14:00 Samuel FT & Antón Pombar
  • 15:00 María de Manueliño e o Cego do Souto
  • 16:00 Martiño & K-Chelos
  • 17:00 Ricardo Mouriño & Iago Boente
  • 18:00 Violíns infantís (ETRAD)
  • 19:00 Sara López & Alfonso Franco
  • 20:00 Marta Taboada & María Pérez
  • 21:00 Ghaveta
  • 22:00 Estatalá

Domingo 2 de abril

  • 13:00 Aula Aberta de Violín Folk (ETRAD)
  • 14:00 Fixe Trío
  • 15:00 Álvaro Iglesias
  • 16:00 POA
  • 17:00 Safa Dúo
  • 18:00 Carlos Quintá
  • 19:00 Treba
  • 20:00 Paula Gómez & Xosé Liz
  • 21:00 Abril
  • 22:00 Galicia Fiddle Orquestra

Hora

Marzo 31 (Venres) 20:00 - Abril 2 (Domingo) 23:00

Localización

Praza de Eduardo Chao

Praza de Eduardo Chao - 36202 Vigo, Pontevedra

Está pasando!