‘A cazola de Lola’ | © Tanxarina

outubro, 2022

Detalles do Evento

A compañía Tanxarina Títeres (Galiza) porá en escena o espectáculo ‘A cazola de Lola’ (Galiza), dentro do programa Domingos do Principal.

Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caeulle un día enriba… Non se sabe moi ben por que. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes. E atópano raro… Ademais, o seu cazo complícalle a vida.

Afortunadamente existen persoas marabillosas, só fai falta dar cunha delas..

Espectáculo de teatro e monicreques para público infantil e familiar a partir de 5 anos.

Duración: 50 minutos.

Dous pases: matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.

O público interesado pode mercar anticipadamente en Ataquilla.com os abonos para todo o ciclo a un prezo de 19 euros + gastos ou entradas soltas para os espectáculos, a un prezo único de 4 euros+ gastos. De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes do Principal abrirá unha hora antes de cada pase.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!