'A illa da deslembranza' en Redondela

dom27mar18:00'A illa da deslembranza' en RedondelaIV Ciclo de Teatro Infantil18:00 Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

Dentro da programación do IV ciclo de teatro infantil, organizado polo Concello de Redondela, Avento Producións presenta a obra ‘A illa da deslembranza’.

Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?

A Illa da deslembranza da compañía Ártika é un traballo creado a base de metáforas e gran forza visual que achegará aos máis cativos un tema tan importante como o alzheimer. Iso si, este achegamento farase dun xeito fermoso e suxestivo. Unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que axudará tamén a que os máis maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena.

O prezo da entrada é de 3 euros.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!