This is a repeating event

'A illa da deslembranza' en Vigo

dom27feb20:00'A illa da deslembranza' en VigoÁrtika Cía20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Ártika Cía presenta o espectáculo ‘A illa da deslembranza’ na Sala Ártika de Vigo, con pases o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de febreiro e venres 25, sábado 26 e domingo 27 de febreiro,

Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?

A Illa da deslembranza da compañía Ártika é un traballo creado a base de metáforas e gran forza visual que achegará aos máis cativos un tema tan importante como o alzheimer. Iso si, este achegamento farase dun xeito fermoso e suxestivo. Unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que axudará tamén a que os máis maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena.

Idade recomendada: +6 anos

Duración: 50 minutos

Datas:

  • Venres 18 e 25 de febreiro ás 20:00 horas
  • Sábado 19 e 26 de febreiro ás 20:00 horas
  • Domingo 20 e 30 de febreiro ás 20:00 horas

Prezo: As entradas teñen un prezo de 10 euros ou 8 euros + gastos de xestión á venda en woutick.es

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!