This is a repeating event

'A illa da deslembranza' en Vigo

dom21mai18:00'A illa da deslembranza' en VigoUnha produción de Ártika Cía18:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 20 e domingo 21 de maio ás 18:00 horas, Ártika Cía. presenta na Sala Ártika o espectáculo ‘A illa da deslembranza’.

Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?

A Illa da deslembranza da compañía Ártika é un traballo creado a base de metáforas e gran forza visual que achegará aos máis cativos un tema tan importante como o alzheimer. Iso si, este achegamento farase dun xeito fermoso e suxestivo.

Unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que axudará tamén a que os máis maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena.

  • Idade recomendada: +7 anos
  • Duración: 50 minutos

Entradas anticipadas a 8 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 10 euros na billeteira.


Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!