abril, 2021

16abr(abr 16)20:0017abr(abr 17)20:00'A lingua das bolboretas'Vigocultura20:00 - 20:00 (17) Auditorio Municipal do Concello de Vigo, VigoEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Sarabela Teatro presenta o espectáculo teatral ‘A lingua das bolboretas’, dentro do programa Vigocultura organizado polo Concello de Vigo.

Autoría: Manuel Rivas

Dirección e escenografía: Gonçalo Guerreiro

Adaptación: Gonçalo Guerreiro e Fernando Dacosta

Deseño de son: Fernando Dacosta e Vadzim Yuknevich

Deseño de iluminación: Baltasar Patiño e Diego Blanco

Vestiario: Tegra Vázquez e Lele Martínez

Música: Vadzim Yuknevich

Elenco artístico: Fran Lareu, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Josito Porto e Elena Seijo

O público será testemuño do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.


  • Idioma: Galego
  • Público: Adulto
  • Duración: 70′
  • Prezo: 8,00 €. Entradas anticipadas á venda en woutick.es (de non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Auditorio abrirá unha hora antes de cada función)

Programa Vigocultura PDF

Hora

16 (Venres) 20:00 - 17 (Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!