'A muller da miña vida' de Puri Díaz en Vigo

mér08mar(mar 8)00:00ven28abr(abr 28)23:59'A muller da miña vida' de Puri Díaz en VigoDeputación de Pontevedra(marzo 8) 00:00 - (abril 28) 23:59 Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Do 8 de marzo ao 28 de abril a Sala Rosalía de Castro da Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle a exposición ‘A muller da miña vida’, de Puri Díaz.

Así é a vida: como a lembramos. E a memoria é pulsante, nunca é a mesma. A experiencia que anega o individuo colectivo arraigado no lugar común, no grupo pequeno, nun espazo construído, desde a pequena casa, a casa de pequenos, ata a cidade e esa quimera nova, tan necesaria, do territorio extenso pero definido do planeta.

Necesitamos as palabras, que son biombos dun teatro de sombras. A memoria recorre á orde, recorre á fotografía, recorre á individualidade; descríbese con palabras… Pero nada pode deter o tempo nin a pluralidade.

O rumbo humano é un improbable Tarzán da xungla que impón orde no caos e quietude no pulso, aínda que iso si que é inequivocamente a clave imprescindible da vida emocional, a única vida practicable para nós.

No xogo de imaxes proposto nesta exposición percorremos un relato emocional. Un relato que se asume pulsante e que renuncia desde o principio á imaxe obxectiva. Aquí, unha imaxe que asume as xesticulacións do tempo e da interpretación, pois a memoria é recordo compartido. Eco, a fin de contas, de fogueiras afastadas.

‘A muller da miña vida’ é o canto coral da memoria (e da miña memoria) e, como tal, celebración do noso breve aparecer envolto tanto no enigma do temor coma no da marabilla.

A inauguración terá lugar o mércores 8 de marzo ás 17:30 horas no que Andrea Mosquera e María Roja presentarán a performance ‘site-specific’. Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es


Hora

Marzo 8 (Mércores) 00:00 - Abril 28 (Venres) 23:59

Localización

Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo

Está pasando!