decembro, 2020

19dec21:00"A nena e o grilo máis aló"TEMPADA TEATRO DE OUTONO21:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía, Vilagarcía de ArousaEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

“A nena e o grilo máis aló” é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos, a última e máis recente entrega de “A nena e o grilo”, o musical infantil máis aclamado do panorama galego.

Nesta última creación A nena e o grilo corren novas aventuras. Se queredes descubrilas teredes que estar atentas! A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña, buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

“A Nena e grilo mais aló” é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte? A nena e o grilo máis aló acadou dúas nominacións nos XXIII Premios do teatro María Casares como mellor espectáculo teatral para público infantil e como mellor música orixinal. Resultando tamén finalista nos Premios da música galega Martín Códax na categoría de mellor album para o disco do mesmo nome no que se inspira a peza teatral.

Prezo: desde 5,00 €. Entradas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!