A Pedreira en Pontevedra

sáb29out12:30A Pedreira en PontevedraCiclo As Matinés do Principal12:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Ugia Pedreira: Muller poliédrica, salvaxe, rebelde e sofisticada, co don da palabra escrita e cantada, compositora sublime.

A Pedreira é unha mestura explosiva de serenidade e paixón, unha cantora das de verdade, unha voz que invoca a xustiza; a voz negra da música galega, unha das máis importantes, plurais e versátiles do panorama musical galego, o que fai de cada unha das súas presentacións públicas un acontecemento. Folk, ska, electrónica, latin, trad… O de Ugia é explorar texturas e dimensións, tanto á hora de compoñer coma coa súa voz.

A Pedreira é unha desas artistas que son quen de crear tendencia en cada obra, tanto polo contido, como por estética ou ética. Das músicas máis queridas e admiradas de Galicia, cunha enorme intelixencia musical e entre as máis respectadas e escoitadas na profesión.


AS MATINÉS DO PRINCIPAL

As Matinés do Principal regresan no 2022 sen perder un ápice da súa esencia: a mellor música ao vivo para compartir en familia e en horario matutino.

Un ciclo para todos os públicos fóra dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, dirixidas principalmente a unha audiencia familiar, fomentando desta maneira novos horarios de consumo cultural e apoiando á actividade diúrna nos locais da cidade. Un proxecto que aposta por integrarse na vida da nosa cidade ofertanto renovados hábitos de consumo cultural e de ocio.

Todos os concertos programados comezarán ás 12.30 do mediodía, un horario accesible para un público cada vez máis numeroso, que reclama unha oferta de ocio diurna con personalidade e de calidade.

Nesta edición, o Ciclo As Matinés do Principal ofrecerá a oportunidade de escoitar e ver no Teatro Principal de Pontevedra artistas como Maria Arnal i Marcel Bagés, ou A Pedreira.

CONCERTOS AS MATINÉS 2022:

  • 08/10/22:María Arnal i Marcel Bagés
  • 29/10/22:A Pedreira

ENTRADAS:

  • Abono Ciclo As Matinés: 30€ + g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • María Arnal i Marcel Bagés: entradas desde 16€ +g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • A Pedreira: entradas desde 14€ +g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • Venda anticipada en Ataquilla.com
  • Billeteira do Teatro Principal aberta os días de concerto desde 2 horas antes

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!