'A presenza invisible', exposición no Edificio Castelao

xov07abrConsultardom12xuñ'A presenza invisible', exposición no Edificio CastelaoFrascos de perfume art nouveau e art déco(Consultar) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Edificio Castelao albergará, desde o 7 de abril ata o 12 de xuño, a exposición ‘A presenza invisible’, na que se poderán ver máis de 200 frascos de perfumes creados entre 1896 e 1945 por artistas, deseñadores e vidreiros baixo a influencia de estilos como o art nouveau e o art déco.

Trátase dunha selección de botellas, caixas e estoxos de perfumes, xabón e pos de arroz, que forman parte da colección de Afonso Oliveira, unha das máis importantes do mundo no seu ámbito e que está integrada por máis de 4.200 frascos históricos.

As pezas que se exhibirán, moitas delas convertidas hoxe en iconas das artes decorativas do século  XX, son un exemplo da época dourada que viviu a industria da perfumería tras abandonar presentacións xenéricas, máis propias dos produtos farmacéuticos, e incorporar deseños procedentes de correntes artísticas innovadoras.

Os períodos art noveau e art déco, nos que se centra esta exposición, foron determinantes para a consolidación destas creacións, que influíron de forma rotunda no éxito dunha industria que entendera que o contedor para o perfume era tan importante como a propia fragrancia.

Horas de apertura ó público:

  • De martes a sábados: de 10 a 21 h
  • Domingos e festivos: de 11 a 14 h
  • Luns: pechado

Hora

Abril 7 (Xoves) - Xuño 12 (Domingo)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!