© Jacques Hamel

A Rapa das Bestas de Sabucedo

dom03xul11:00A Rapa das Bestas de Sabucedofesta de interese turístico internacional11:00 Sabucedo - A Estrada

Detalles do Evento

Do xoves 30 de xuño ao luns 4 de xullo, a parroquia estradense de Sabucedo celebrará a súa tradicional Rapa das Bestas, festa declarada de interese turístico internacional.

A festa dará comezo o xoves 30 de xuño coa Gala de aloitadores, que recoñece a todos os homes e mulleres que axudan a organizar e difundir a Rapa.

O venres 1 de xullo sairase pola mañá ao monte a buscar as bestas en grupos e en familia. Trala xornada na natureza ás 22.30 comeza o festival RapaSons.

O sábado 2 báixanse as bestas á aldea e as 19:00 horas celébrase o primeiro curro para cortarlle as crins e sanealas. Despois haberá festa no Campo do Medio.

O segundo curro terá lugar o domingo 3 ás 12.00 horas, seguido da festa na aldea, e o luns 4 á mesma hora celebrarase o terceiro curro, á mesma hora e este con carácter solidario.

XOVES, 30 DE XUÑO

  • 21:00 h. 11ª Gala Rapa das Bestas de Sabucedo na honra dos “aloitadores”.

VENRES, 1 DE XULLO

  • 06.30 h. Tradicional misa na alborada na honra de San Lourenzo.
  • 07.00 h. Saída dende O Celeiro na procura das bestas.
  • 22.30 h. Festival RAPASONS. TREIXADURA – O CAIMÁN DO RÍO TEA – COMBO CALADA – ZËNZAR.

SÁBADO, 2 DE XULLO

  • 11.00 h. Recollida das bestas no Castelo.
  • 14.00 h. Chegada das bestas a Sabucedo.
  • 17.00 h. Pasarrúas a cargo de AIRIÑOS DE CALDELAS.
  • 17.30 h. Apertura de portas do curro*.
  • 18:30 h. TEQUEXETÉLDERE no curro.
  • 19.00 h. Primeira RAPA no curro.
  • 21.00 h. MEKÁNIKA ROLLING BAND.
  • 23.00 h. Verbena popular no campo do medio. MIRAMAR e AMÉRICA S.L.

DOMINGO, 3 DE XULLO

  • 11.00 h. Apertura de portas do curro*.
  • 11.30 h. CLARA PINIO E PABLO VIDAL no curro.
  • 12.00 h. Segunda RAPA no curro.
  • 14.00 h. FESTICULTORES TROPE.
  • 16.30 h. Festival de música no palco da fonte: PANDERETEIRAS DO VAL DE QUIREZA – PETER PUNK: PUNK INFANTIL – BLUES DO PAÍS – LUCÍA AZURMENDI GRUPO.
  • 23.00 Verbena popular. PARÍS DE NOIA.

LUNS, 4 DE XULLO

  • 11.00 h. Apertura de portas do curro*.
  • 11.30 h. AIRIÑOS DE CALDELAS no curro.
  • 12.00 h. Terceira RAPA no curro.

OUTRAS ACTIVIDADES EN SABUCEDO

  • Visitas guiadas polo patrimonio de Sabucedo (+info no Punto de Información).
  • Exposición exterior permanente “Sabucedo e a Rapa das Bestas” (polas rúas do pobo).
  • Ruta dos Muíños de Sabucedo. 10 km -larga- o 3,5km -cortaExposición itinerante “O Sentir dun pobo: Sabucedo e a Rapa das Bestas” (no curro vello).
  • Exposición itinerante “O Sentir dun pobo: Sabucedo e a Rapa das Bestas” (no curro vello).

* Venda de entradas exclusivamente a través da web www.rapadasbestas.gal

Descarga o Tríptico Rapa’22

Hora

(Domingo) 11:00

Localización

Sabucedo

A Estrada

Está pasando!