'A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza'

ven10dec20:00'A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza''Tornar ás táboas'20:00 Concello de Rodeiro - Rodeiro

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, o Centro Cultural Municipal de Rodeiro acollerá o venres 10 de decembro a posta en escena da obra‘A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza’, a cargo de A Xanela do Maxín.

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.

Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Concello de Rodeiro

Está pasando!