Abe Rábade e Salvador Sobral en Vigo

ven19ago21:00Abe Rábade e Salvador Sobral en VigoFestival Terraceo21:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Abe Rábade, pianista e compositor compostelán, é un dos músicos máis reputados da escena jazzística. Cunha carreira nacional e internacional que vai camiño de ser un fito nun músico de jazz ibérico. Sen ir máis lonxe, o día 5 de xuño ofrecerá un concerto no prestixioso Blue Note de Nova York. Con 14 discos como líder, está xa producindo o número 15, que levará por título “Botánica”.

Salvador Sobral, cantante lisboeta, saltou á fama por ser o único gañador portugués do Festival de Eurovisión, logrado coa máxima puntuación conseguida ata o momento. O seu prestixio non se quedou nese evento, e foi capaz de labrarse unha potente carreira e o que é máis importante, un prestixio como músico e intérprete, demostrando que a súa vitoria no certame non foi unha casualidade. Ofreceu infinidade de concertos nos mellores teatros e festivais de Europa, e os concertos sempre terminan da mesma maneira, co público aplaudindo en pé.

Abe e Salvador conservan unha amizade forxada desde a admiración mutua. Divírtense improvisando, probando novos temas, musicando poemas, ou interpretando standards clásicos do jazz desde outra perspectiva. Ou mesmo querendo converter en standards de jazz, pezas do folclore galego e portugués. En definitiva, un concerto inclasificable, que busca a beleza e a liberdade na interpretación, sen etiquetas, sen estilos, coa xenuína achega de cada un deles dous.

Entradas anticipadas á venda desde 25,30 euros en teuticket.com


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!