Abe Rábade & SPJ-Talents en Pontevedra

mér12out21:00Abe Rábade & SPJ-Talents en PontevedraCiclo Jazz no Principal21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Despois de dous anos de parón por mor da pandemia volta o Ciclo Jazz no Principal á cidade de Pontevedra.

Nesta edición de 2022 o SPJ quere celebrar por todo o alto o seu 20 Aniversario, mantendo firmemente a súa filosofía de programación; unha decidida aposta polo pouso didáctico que as figuras do jazz deixan nas xóvenes promesas deste estilo en Galiza.

Para esta efeméride, o Seminario Permanente de Jazz porá en valor aos seus dous mestres Abe Rábade e Paco Charlín, dúas figuras do jazz a nivel mundial, cunha grandísima pegada na historia contemporánea do jazz, tanto en Galiza coma internacionalmente.

As actuacións consisten nun programa elaborado tanto por Abe coma Paco, que contarán coa presenza de varios jazzistas convidados para esta ocasión.

Esta completa programación abonda, unha vez máis, naquela idea, sempre presente no facer do SPJ; o decidido apoio e dinamización do jazz e os novos jazzistas galegos:

ABE RÁBADE & SPJ-Talents. Mércores 12 de outubro ás 21:00 h.

  • Abe Rábade: piano
  • Javier Pereiro: trompeta
  • Virxilio da Silva: guitarra
  • Juansy Santomé: contrabaixo
  • Hector Agulla: batería

PACO CHARLÍN & SPJ-Meeting. Mércores 26 de outubro ás 21:00 h.

  • Paco Charlín: contrabaixo
  • Alberto Rodríguez: saxo alto
  • Javier Abraldes: guitarra
  • Daniel Corral: piano
  • Antón Iglesias: batería
  • Fernando Sánchez: saxo tenor
  • Xan Campos: piano
  • Max Gómez: batería

A entrada xeral para cada concerto é de 3 euros (máis gastos de tramitacaión), e pode ser adquirida en Ataquilla.com ou unha hora antes no propio edificio do Principal. Tamén no teléfono 902 504 500.


Hora

(Mércores) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!