decembro, 2020

10dec20:30Acústisimos - El Kankamomentos alhambra20:30 Hall do Auditorio Mar de Vigo, VigoEvento tipo:Música

Detalles do Evento

Unha viaxe sonora entre dous portos de acollida. Un horizonte repleto de lendas. Catro concertos con sabor a sal nos que Cervezas Alhambra convídate a descubrir creacións auténticas e memorables que están feitas para disfrutar cos cinco sentidos do ciclo máis marítimo e singular de Momentos Alhambra: Acustiquísimos Edición Atlántica 2020.

Voces con personalidade e sonoridades colmadas de autenticidade daranse cita nun ciclo sen fronteiras que presentará en Vigo e na Coruña ao mellor da deiversa escena estatal: Juan Perro, Fuel Fandango, McEnroe e El Kanka. Unha tripulación coa que navegaremos, dende enclaves singulares de Galicia, sen pisar territorio de ultramar.

Catro noites íntimas e de espectáculos de proximidade. Catro sesións que nos permitirán reencontrarnos a bordo, con total seguridade, coa música e a ilustración en directo. Todas elas cun mesmo vínculo: o descubrimento da excelencia musical e o espírito artesanal de Cervezas Alhambra, saboreando as súas cervexas ao compás das mellores propostas musicais coa fin de disfrutar de experiencias únicas. 

El Kanka

Aínda que a carreira en solitario de Juan Gómez Canca comeza en 2007, en 2013 o seu primeiro LP ve a luz e os seus conertos consolídanse como auténticas festas da música en directo. Dende aqueles míticos “Lo mal que estoy y lo poco que me quejo” ou “Canela en rama”, El Kanka gañou pouco a pouco o cariño e a confianza do público gracias á súa autenticidade e optimismo.

Tres discos e un EP despois, inicia á súa xira máis ambiciosa por máis de 16 capitais. Entre elas, Vigo, porto ao que volta acompañado pola súa inseparable guitarra.

Entradas: desde 15,00 € en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Hall do Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo

Está pasando!