abril, 2021

13abr19:30'Alentejo, Alentejo'Cineclube Pontevedra19:30 Teatro Principal de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Proxección de ‘Alentejo, Alentejo’ (Sérgio Tréfaut, 2014, 96 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Lingua orixinal: portugués

No Alentexo, no sur de Portugal, decenas de grupos amadores reúnense regularmente para ensaiar antigos cantes polifónicos e para improvisar modas sobre o tempo presente.

Nacido nas tabernas e nos campos de cultivo, o cante alentexano transmitiuse ao longo de xeracións e atravesou as fronteiras da rexión que lle deu orixe.

Co paso do tempo, e tamén debido á diáspora alentexana, apareceron novos grupos na periferia de Lisboa e en diversos países da emigración, moitos deles formados por adolescentes e crianzas, proba de que o cante está vivo e de que é expresión dunha identidade propia.

Alentejo, Alentejo é unha viaxe a un modo de expresión musical único, Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade dende 2014.


PROGRAMACIÓN ABRIL 2021

Cineclube Pontevedra retomará a programación o martes 13 de abril, logo da Semana Galega da Filosofía, cun mes que camiñará, da man do realizador brasileiro Sérgio Tréfaut e da realizadora portuguesa Susana de Sousa Dias, a través do cante alentexano, a memoria da represión política da ditadura salazarista e o arquivo fotográfico e fílmico que xerou a revolución do 25 de Abril.

Os horarios, mentres continúe o toque de queda, mantéñense coma nas anteriores sesións:

-Comezo da proxección ás 19:30 h.

-Apertura da billeteira ás 18:30 h.


Cartel composto e impreso no obradoiro tipográfico de Alouette Machine, en Insuela, Cotobade

Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!