'Alma madeira mar' en Vigo

mar09mai(mai 9)00:00ven16xuñ(xuñ 16)23:59'Alma madeira mar' en VigoExposición de esculturas creadas por Ch Sueiro(maio 9) 00:00 - (xuño 16) 23:59 Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Coas madeiras que o mar lles devolve aos cantís e ás praias Ch Sueiro crea pezas de carácter surrealista de pequeno e medio formato, e concibe esta materia prima como un feito plástico en si mesmo, onde a madeira se converte nun pretexto para crear pezas que xorden do imaxinario e do onírico: sereas, barcos náufragos, medusas… Tamén xorden peregrinas e peregrinos para ser contemplados nas súas tres dimensións. En definitiva, é “o mundo do mar interpretado dun xeito máxico, pero tamén achegado á terra”.

Sueiro estudou Belas Artes en Madrid e aborda na súa traxectoria a pintura surrealista e a escultura con madeira e ferro como materias primas. Ten exposto en galerías e museos de España, e fixo mostras colectivas en Milán e París. En 1986 fundou a Galería Conde Sueiro, onde amais de amosar o seu traballo de forma permanente, ofrece a obra de artistas da Península e Europa.

Visitable do 9 de maio ao 16 de xuño de 2023 na Sala Maruja Mallo da Sede da Deputación en Vigo.


Hora

Maio 9 (Martes) 00:00 - Xuño 16 (Venres) 23:59

Localización

Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo

Está pasando!