Amaia + Artista convidada en Cambados

ven05ago22:30Amaia + Artista convidada en CambadosLXX Festa do Albariño22:30 Praza de Fefiñáns - Cambados

Detalles do Evento

Amaia actuará na Praza de Fefiñáns o venres 5 de agosto ás 22:30 horas dentro da programación dos concertos da LXX Festa do Albariño de Cambados. 

‘Cuando no sé quién soy’ é o segundo álbum de Amaia. Unha colección de cancións de amor, reproche, dúbida e nostalxia nas que a artista continúa buscándose a si mesma, e onde os demais poderemos encontrar a súa inconfundible personalidade.

Producido xunto con Alizzz, Amaia preséntanos un disco con relucentes novos sons pop, no que por riba de todo destaca a súa brillante e doce voz. A ratos reflexivo, a ratos divertido e enérxico, “Cuando no sé quién soy” contén temas como a celebrada ‘Yo invito’ ou a folclórica ‘Yamaguchi’.

Destacan tamén a versión do clásico de Los Planetas ‘Santos que yo te pinte’, ou as colaboracións de Aitana en ‘La canción que no quiero cantarte’ e de Rojuu en ‘Quiero pero no’, ademais no novo single ‘Bienvenidos al show’, o tema que abre este esperado novo disco de Amaia.

Prezo: desde 5 euros. Entradas á venda en Ataquilla.com

 

Hora

(Venres) 22:30

Localización

Praza de Fefiñáns

Fefiñáns, 36630 Cambados

Está pasando!