'Amor e creatividade: unha complicada relación'

mér27out(out 27)19:00mér11mai(mai 11)20:30'Amor e creatividade: unha complicada relación'Curso de Historia da Arte(outubro 27) 19:00 - (maio 11) 20:30 MARCO - Vigo

Detalles do Evento

Tradicionalmente, a historia da arte non considerou a vida sentimental dos artistas como un asunto digno de estudo académico. Non obstante, algunhas das novas liñas de investigación abertas ou iniciadas nas últimas décadas do século XX, internáronse no estudo da importancia dos afectos na produción artística. Deste modo, demostrouse que a creación non sempre foi o resultado dun xenio solitario e masculino, estereotipo que toma moitos aspectos da figura do xenio romántico, senón que non foron poucos os creadores que optaron por traballar en parella, deixando a un lado a percepción individualista da práctica artística.

Este novo curso impartido por Ana Pereira, titulado “Amor e creatividade: unha complicada relación”, quere centrarse neste aspecto e ten como fío condutor o estudo da traxectoria vital e creativa das que traballaron en constante diálogo cos seus compañeiros de profesión e de vida, explorando as posibilidades desta dinámica.

Nalgúns casos, estes binomios creativos, que enfocaron a súa actividade en distintas canles expresivas, conseguiron traballar en pé de igualdade e así ser recoñecidos socialmente; pero na maioría das ocasións, mentres os varóns recibían o recoñecemento profesional e as súas obras eran premiadas e expostas sen cesar en museos e salas de exhibición de todo o mundo, a figura das súas compañeiras quedou esvaecida ou relegada a un papel secundario, malia establecer con eles diálogos moi fecundos.

Ao longo de diferentes sesións, este curso intentará despoxar a traxectoria profesional de parellas de creadores desa etiqueta simplista e redutora que adoita asignar sempre un papel secundario ás mulleres, intentando dar a cada artista a importancia que realmente tivo, para abandonar definitivamente esa manida senda na que un quedou coa fama, mentres outra caeu no esquecemento.

  • Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
  • Docente: Ana Pereira Molares
  • Datas: 27 outubro 2021 – 11 maio 2022
  • Horario: Mércores de 19.00 a 20.30
  • Total sesións: 23
  • Prazas limitadas. Inscrición e matrícula a partir do 5 de outubro
  • Prezo: 190,00 euros (desconto do 20% para membros da AAM Agrupación Amiga do MARCO e para estudantes, previa acreditación), coa posibilidade de pagamento fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
  • Programa: PDF dispoñible para descarga

 

Hora

Outubro 27 (Mércores) 19:00 - Maio 11 (Mércores) 20:30

Localización

MARCO

Rúa Príncipe, 54 36202 Vigo

Está pasando!