abril, 2022

Detalles do Evento

‘Andainas de Primavera’ é unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Mocidade de Poio, para persoas de todas as idades, se ben os menores deberán estar acompañados por unha persoa adulta.

A través deste programa organizaranse seis excursións a diferentes lugares da provincia de Pontevedra para a realización de rutas guiadas.

Todas estas andainas, serán os domingos, con saída ás 09:30 e volta a Poio ás 13:45 horas aproximadamente, cunha duración media dunhas tres horas e media.

As rutas son de doada realización, ao seren todas catalogadas como de dificultade baixa e media-baixa.

  • 10 de abril: Fachada litoral de Castrelo (Cambados)
  • 8 de maio: Pontesampaio
  • 15 de maio: Fervenza do Segade, en Caldas de Reis
  • 5 de xuño: Senda costeira de Cangas do Morrazo
  • 12 de xuño: Ruta da Liberdade, no concello da Lama
  • 19 de xuño: Senda de Barragán, en Pazos de Borbén

Para participar nestas rutas guidadas, que son totalmente gratuítas, os partipantes poderán inscribirse chamando ao número de teléfono 986 872 401 ou enviando un correo electrónico á dirección xuventude@concellopoio.org.

Tamén é posible darse de alta de xeito presencial, nas dependencias da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), na Casa Rosada.

Hora

Abril 10 (Domingo) 09:30 - Xuño 19 (Domingo) 13:30

Localización

Concello de Poio

Está pasando!