Ara Malikian en Pontevedra

dom06mar20:30Ara Malikian en PontevedraThe Ara Malikian World Tour20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

The Ara Malikian World Tour estrea a súa nova xira mundial. Nesta xira, The Ara Malikian World Tour, vaixaremos nos sonos dun rapaz.

“Cando vin ao meu fillo camiñar por primeira vez despois de meses de caídas, de intentos errados, de golpes e volta a probar, entendín que un día todos fomos esa forza que o tempo fai que esquezamos.

Os nenos son os seres máis auténticos que che podes atopar, son salvaxes, son a tenrura na súa esencia e están cheos dunha verdade insultante, non teñen medo a equivocarse, son libres e expresivos e todo o que fan está repleto de arte.

Se miras a un neno entendes case todo o que fuches e hai un tempo que non che permites ser.

Esta xira é o resultado de ver crecer ao meu fillo, é o resultado do meu crecemento ao seu lado, é todos eses sons e melodías que tentan darlle forma ao que sentín e inspiroume del e da vida a través del. É un encontro co neno que non puiden ser e soñase ser. É unha homenaxe a eses seres que son tan libres como un paxaro libre.

Esta xira está chea de dinosauros, luras robóticos, máquinas do tempo, pianos voadores e mimos bilingües, esta xira é iso que eu esquecera e que é tan poderoso; a Maxia de atopar cada día e cada senda fascinates, traian o que traian”.

Prezo: desde 52,00 euros. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!