Arde Bogotá en Vigo

ven24xuñ22:00ven23:00Arde Bogotá en VigoXira vibra mahou 202222:00 - 23:00 Sala Rouge - Vigo

Detalles do Evento

Arde Bogotá chega a Vigo da man da Xira Vibra Mahou 2022, coa que a banda murciana está percorrer 18 cidades da xeografía española. O tour, que comenzou o 1 de abril e finalizará en outubro, recalará na ciudad olívica o venres 24 de xuño con un concierto na Sala Rouge.

Arde Bogotá converteuse nunha das bandas revelación do rock-pop nacional con letras de tinguidura xeracional, baixo a tutela da potente voz do seu cantante, rachada na larinxe pero que se clarexa ao ser proxectada, envolvidas en guitarras con certo toque de shoegaze e de distorsión, baixos coloridos, e ritmos contundentes, falan do amor, a mocidade, e o futuro.

A viaxe comezou co seu todopoderoso ‘Antiaéreo’, un primeiro single que é unha canción de amor, e un ataque do Pokémon Geodude, que lles fixo pisar forte e entrar sen miramientos no ollo do furacán e chamar a atención da Industria musical nacional.

‘El Tiempo e a Actitud’ (Sony Music 2020), EP de cinco temas, foi o inicio da súa aventura, unha colección de cancións, producidas en período de confinamento, polo produtor e guitarrista, Lalo GV, e un concepto, que se move desde a sedución á rabia, pasando pola irreverencia e as declaracións de amor.

Antonio, Dani, Jota e Pepe son Arde Bogotá, a banda de Cartaxena que simplemente se auto proclaman banda de rock, e son activistas do mal uso do termo: “Parece que só se é rock se es Extremoduro e levas chatolas”, volven reivindicar os claroscuros da súa xeración e coa saída do seu primeiro álbum, ‘La Noche’, novamente coa produción de Lalo GV e gravado en Estudos Neo Music Box, para meternos de cheo na historia dunha noite na que todo pode pasar.

Un álbum debut para o que xa hai certa expectación, tras recibir varios recoñecementos, como o recente nomeamento nos Premios Odeón 2021 como grupo revelación rock.

Entradas anticipadas á venda desde 20 euros en seetickets.com


Hora

(Venres) 22:00 - 23:00

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo

Está pasando!