'Ars Canendi: As voces no Camiño' en Nigrán

dom03xulConsultar'Ars Canendi: As voces no Camiño' en NigránI Certame Internacional de Música Coral(Consultar: domingo) Concello de Nigrán - Nigrán

Detalles do Evento

O Concello de Nigrán organiza despois de dous anos paralizado pola pandemia o I Certame Internacional de Música Coral ‘Ars Canendi: As voces no Camiño’.

O primeiro certame internacional de coros que se celebra en Galicia e que repartirá un total de 6.500 euros en premios.

O concurso terá lugar os días 2 e 3 de xullo no Templo Votivo do Mar de Panxón e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de maio, dispondo todas as formacións interesadas da información completa en nigran.es.

O grupo gañador recibirá 3.000 euros, o segundo 2.000, o terceiro 1.000 e haberá un premio de 500 á mellor interpretación dunha obra composta para a ocasión, ‘Ave Maris Stella’, de Javier Fajardo.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Nigrán

Está pasando!