'As andainas dos Monifates e don Gaiferos'

ven29out18:00'As andainas dos Monifates e don Gaiferos'Espectáculo musical con monicreques18:00 Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra

Detalles do Evento

Xa chegan Os Monifates! Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes, cargado dos máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), que bailan ao son da música que interpretan. Un día coñecen a un simpático peregrino chamado don Gaiferos, e deciden percorrer con el o Camiño de Santiago.

Xuntos irán parando nas vilas e lugares que atopen na súa traxectoria e farán unha función para pedir esmola e así poder proseguir a súa viaxe ata Santiago de Compostela.

Para público familiar a partir de 6 anos

Con inscrición previa a partir do 20 de outubro ás 11.00 h. no formulario da páxina web da biblioteca. Cada persoa que inscribe pode no mesmo formulario apuntar a varias persoas do mesmo núcleo de convivencia (ata 5 como máximo).

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Rúa Alfonso XIII, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!