‘As nosas derrotas’ (Jean-Gabriel Périot, 2019)

maio, 2021

19mai20:00'As nosas derrotas'Programa 'Falamos'20:00 Teatro Principal de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

O Cineclube Pontevedra, en colaboración co programa Falamos, planifica ao longo do mes de maio a proxección de tres filmes, cun faladoiro posterior, co obxecto de promover espazos de socialización en lingua galega relacionados especificamente co cinema.

O mércores 19 de maio ás 20:00 h. proxectarse ‘As nosas derrotas’ (Jean-Gabriel Périot, 2019, Francia, 96 min., VOSG. Lingua orixinal: francés).

Sipnose: ‘As nosas derrotas’ ofrece un retrato da nosa vinculación coa política a través dun xogo de reinterpretación a cargo de estudantes de secundaria que reflexionan sobre conceptos coma os sindicatos, o capitalismo ou as revoltas sociais mentres interpretan e dirixen extractos de filmes do Maio do 68. Que valor teñen a revolución ou o compromiso no seu día a día? Como perciben o mundo no que medran? E, sobre todo, van querer mudalo, destruílo ou construír un novo?

Prazo inscrición: antes do xoves 13 de maio.


Convén lembrar que o programa Falamos, posto en marcha polo Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, está concibido para incentivar o uso do galego entre a comunidade universitaria promovendo unha diversidade de espazos, contextos e actividades orientadas a acadar este obxectivo.

As sesións programadas polo Cineclube serán de balde e precisan inscrición previa, por cuestión de aforos e protocolos Covid, e están a abertas ao público xeral.

As inscricións poden facerse a través do enderezo de correo electrónico falamos@pontevedra.gal e, no caso de non obter resposta 24 horas antes, tamén se habilita o teléfono 646 908 177.

As tres sesións terán lugar no Teatro Principal ás 20:00 h.

  • Xoves 13 de maio

‘Dorothé na Vila’ (Alejandro Gándara e Olaia Tubío, 85′, 2020, Galiza, VO).

Prazo inscrición: antes do domingo 9 de maio.

  • Mércores 19 de maio

‘As nosas derrotas’ (Jean-Gabriel Périot, 2019, Francia, 96 min., VOSG. Lingua orixinal: francés).

Prazo inscrición: antes do xoves 13 de maio.

  • Mércores 26 de maio.

‘Vikingland’ (Xurxo Chirro, 2011, Galiza, 99′, VO).

Prazo inscrición: antes do xoves 20 de maio.

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!