xuño, 2022

Detalles do Evento

Os días 3, 4 e 5 de xuño o Teatro Principal da Estrada acolle a obra de teatro ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, de Avelina Pérez, con dirección e dramaturxia de Marta Pazos. 

Esta produción do Centro Dramático Galego é un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción.

Aquí, a procura da identidade individual, amparada na masa superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro,lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos…

Recomendada para maiores de 12 anos, ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ sitúa o público como elemento central da obra e analiza a relación entre o teatro e a súa recepción.

O elenco caracterízase pola súa multidisplinariedade, con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado nunha interpretación que presenta diferentes rexistros.

Entradas anticipadas á venda desde 4 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Teatro Principal da Estrada

Rúa Serafín Pazo, 36680 A Estrada, Pontevedra

Está pasando!