'As pitas baixo a choiva' en Pontevedra

dom09out18:30'As pitas baixo a choiva' en Pontevedradomingos do principal18:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A compañía Teatro dos Ghazafelhos (Galiza) porá en escena o espectáculo ‘As pitas baixo a choiva’, dentro do programa Domingos do Principal.

Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas. Pero temen que ese dia chova, pois cando isto pasa Ricardiño tolea e perségueas ate pechalas no curral.

Coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno, deixe de tolear coa choiva e salga a xogar con elas…

Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero ‘As pitas baixo a choiva’.

Teatro Ghazafelhos presenta esta divertida adaptación teatral para o público infantil e familiar a partir de 5 anos.

Duración: 50 minutos.

Dous pases: matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.

O público interesado pode mercar anticipadamente en Ataquilla.com os abonos para todo o ciclo a un prezo de 19 euros + gastos ou entradas soltas para os espectáculos, a un prezo único de 4 euros+ gastos. De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes do Principal abrirá unha hora antes de cada pase.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!