maio, 2022

Detalles do Evento

O sábado 28 de maio na Sala Rebullón de Mos, a compañía A Panadaría porá en escena a obra ‘As que limpan’.

Un cartel pendurado no manubrio do cuarto: “por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto.

Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.

Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai que nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

O prezo da entrada é de 10 euros.

+ info. en salarebullon.com


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Rebullón

Av. do Rebullón, 23 36416 Tameiga, Mos

Está pasando!