This is a repeating event

'As que limpan' en Vigo

dom30out20:00'As que limpan' en Vigoa panadaría20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

A Panadaría porá en escena nas fins de semana do 21 ao 30 de outubro, o espectáculo teatral ‘As que limpan’, unha coprodución do Centro Dramático Nacional.

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto.

Son ‘As que limpan’, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

Datas: 

  • Venres 21 e 28 de outubro ás 20:00h
  • Sábado 22 e 29 de outubro ás 20:00h
  • Domingo 23 e 30 de outubro ás 20:00h

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión á venda en artikavigo.com
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14€

Idade recomendada: + 10 anos

Duración: 80 minutos


Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!