‘Backup. A resurrección de Nuno’ en Vilagarcía

sáb04mar20:30sáb23:50‘Backup. A resurrección de Nuno’ en VilagarcíaDe Ste Xeito Producciones20:30 - 23:50 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O sábado 4 de marzo no Auditorio Municipal de Vilagarcía, a compañía De Ste Xeito Producciones representará a obra ‘Backup. A resurrección de Nuno’, baixo á dirección de Pilar C. Almanzam e un elenco composto por Pepa Barreiro, Sergio Macías, Stephy Llaryora, Xurxo Cortázar, Nadia Doménech e Anxo Outumuro.

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

A ‘Resurrección de Nuno‘ e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. ¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?

As entradas para asistir a este espectáculo pódense adquirir de forma anticipada a través Ataquilla.com (máis custes de xestión). De non esgotarse, tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio dende dúas horas antes do inicio do espectáculo.

Hora

(Sábado) 20:30 - 23:50

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!