Balthazar

sáb30out12:30Balthazaras matinés do principal12:30 Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O éxito do ciclo As Matinés do Principal, música ao vivo para todos os públicos e en horario matutino, regresa este outono de maneira excepcional ao Pazo da Cultura por mor nas obras no Teatro Principal, achegándonos nesta ocasión o directo dos belgas Balthazar, unha das bandas mellor recoñecidas dentro do soul-pop alternativo internacional.

O quinteto belga lanzou o seu primeiro disco en 2010, ‘Applause’, e desde entón non pararon de sacar nova música e realizar xiras por todo o mundo.

Este ano volven aos escenarios co seu novo álbum ‘Sand’, un disco sedutor, elegante, sexy, que consolida o status que gañara o grupo dentro do soul-pop alternativo. Un novo traballo único na forma en que combina o pop minimamente arranxado coa elegante electrónica e os ritmos sofisticados.

Inmediatamente despois de ‘Fever’ -unha colección cálida e sinuosa de cancións cheas de groovies sureños- este novo disco avanza cara a novas direccións, audaces e emocionantes, no que fan bo uso da súa experiencia, trazando unha paisaxe sonora cinematográfica e fluída para que as súas cancións ardan. ‘Sand’ marca varias primicias para eles, unha banda que volve soar tan fresca e enérxica como o fixeron antes, en 2010, cando o seu debut cativou á crítica e ao público por igual.

O prezo das entradas para cada un dos concertos do ciclo oscila entre os 16 e os 18 euros, tendo descontos do 50% nas entradas do público menor de 14 anos, e existe a posibilidade de adquirir un abono para as dúas actuacións do ciclo a un prezo de 32 euros. Estarán dispoñibles a partir martes 14 de setembro a través de Ataquilla.com

Está pasando!