'Barriga Verde'

ven29out10:00'Barriga Verde''Tornar ás táboas'10:00 Concello de Portas -

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, o venres 29 de outubro no CPI Domingo Fontán de Portas, Viravolta Títeres porá en escena a obra ‘Barriga Verde’.

Mesturando a tradición do títere galego coa  europea, recollemos cinco situacións que Barriga Verde en compañía da súa cachiporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo  ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos.

Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego. Preséntase coma unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX.

Hora

(Venres) 10:00

Localización

Concello de Portas

Está pasando!