Berto + Familia Caamagno en Vigo

sáb02xul21:00Berto + Familia Caamagno en VigoFestival Terraceo21:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

BERTO é o novo proxecto de Alberto Mira. Despois de revolucionar o panorama musical en 2021 con Verto, agora lanza o seu proxecto máis persoal. Estará acompañado no directo dunha sorprendente banda, mesturando o electrónico e o analóxico.

O concerto será o disparo de saída da súa xira de presentación do introspectivo “Viaxe ao espazo interior” e do festivo e desenfadado E. P. “Bailar Chikito”. Podemos esperar un concerto dividido en dous partes e cheo de sorpresas e colaboracións. Non te perdas un dos concertos do ano do artista que chegou para cambiar a música galega.

FAMILIA CAAMAGNO están de volta! Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos que nunca co seu novo traballo discográfico: “Había que intentalo”.

Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO.

Entradas anticipadas á venda desde 13 euros en teuticket.com


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!