© La Propue Malabo, ‘Klez 80 Circus’

agosto, 2021

03ago20:00'Bule Bule Polas Prazas''o son da rúa'20:00 Concello de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

A programación de ‘O Son da Rúa’ está preto de rematar e deixar paso a Semana da Peregrina 2021. Dentro das derradeiras actividades aparece no calendario ‘Bule Bule Polas Prazas’, un ciclo de espectáculos itinerantes que irá da man da diversión e da emoción polas rúas e prazas da Boa Vila.

Até dez shows distintos poderán ser vistos e gozados ao longo dos cinco días que dura o ciclo, que aposta pola variedade estética co obxectivo de sorprender e cautivar aos camiñantes da cidade, crianzas ou adultos, mesturando elementos como o disfraz, a percusión, o humor ou a danza.

Cada un dos espectáculos estará executado por un colectivo de artistas diferentes. A continuación está o programa completo:

Luns 2

• 20:00h – La Troupe Malabo, Klez 80 Circus

• 21:00h – Sarao Producción, Bosque Viviente

Martes 3

• 20:00h – Pablo Méndez, A Fraga Máxica

• 21:00h – La Fam, Motorpunk

Mércores 4

• 20:00h – Rivel, Un baile con Debuxos Animados

• 21:00h – Brincadeira, La Danza de la Calle

Xoves 5

• 20:00h – Scura Produccións, Corral Kaos

• 21:00h – Troula Animación, Fanky Party

Venres 6

• 20:00h – Bambolea, Doces

• 21:00h – Barafunda, Festa Trival

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!